press release only in german

A mostra Tono Carbajo. Escenas, cadrados negros e outros enlaces preséntase como un achegamento á produción artística deste autor centrado nos últimos anos e na actualidade. A súa obra signifícase no plano de lectura da memoria, nunha aposta de estratexias de reciclaxe e recomposición, sendo un dos nomes máis representativos desta tendencia no panorama peninsular. Incidencias na linguaxe da colaxe, das ensamblaxes, presentándose como unha coherente traxectoria desde a pintura, que protagonizou os seus inicios a mediados da década dos oitenta para, de xeito constante, adoptar a superficie do lenzo á maneira de invasión obxectual de diversas prodecencias, enlaces. Unha evolución na pel da tea e na poética do obxecto atopado, na comprensión da superficie como un lugar no que conviven elementos, manchas de cor e fotografías; realidades múltiples de combinacións. Serán estes colaxes e as composicións os mecanismos de relato, de fixar unha memoria recente e unha memoria persoal en varios planos superpostos, palimpsestos nunca azarosos nun proceso de evolución.

Concrétase un exercicio de gran documento de análise que permite complementar unha serie de conceptos actuais da linguaxe contemporánea, parámetros destacables que conflúen na súa traxectoria: unha práctica pictórica achegada á abstracción; o obxecto atopado; entendido como documento-memoria; o rexistro fotográfico; o documento-presente do visual e os procesos de manipulación, de organización técnica.

Tono Carbajo atrapa a voz cotiá. Nas súas obras emprega lugares habituais ou rescata presenzas de fascinación. Conflúen sempre desde un relato interior, da arquitectura, do urbanismo, cunhas propostas que actúan a modo de aperturas de zoom nun mundo exterior, próximo, na paisaxe, achegado á textura do coñecido. A paisaxe do íntimo que se fusiona coincidindo coa ollada pública, crítica, que se concentra dun xeito metódico nas súas últimas obras nun camiño de prolongación privado-público e de intención instalada. Lume e pel sobre a paisaxe galega. Son preguntas sobre a topografía, os lugares de vivenda, de habitación, e os lugares de paso, de tránsito.

Unha mostra que pode entenderse como unha sorte de diario, que sen pretender ser cronolóxico, describe un itinerario vital, un caderno de bitácora en movemento perpetuo; undicionario narrativo de documentos de vida. Son impresións e saltos emocionadosdesde a arte pasando pola contaminación biográfica que se conforma xornada a xornada. A súa obra fala da memoria, como canle de achegamento á nosaidentidade dentro dunha determinada historia, fala de presente como acto de pulsión, poñéndolle estadas a unha evolución e acentos reflexivos a unpercorrido de obras e instalacións recreadas que reforzan a súa ambición expansiva, arquitectónica, de proxeción espacial, escenográfica. Unha obra relacionada coa clasificación da paisaxe ou do contorno, nunha depuración que se centra na dirección arquitectónica e construtiva. Vontades de depósitos ou caixas de teatros con múltiples contaminacións plástico-pictóricas, lúdicas, narrativas e literarias.

Traballos nos que o tempo queda suspendido. O proceso queda como parte activa, intencionado. Será esta transmisión do espazo-tempo a que se manifesta nas súas emsamblaxes contrapoñendo varias realidades nun mesmo plano de xuízo. Unha exposición que pretende apostar pola visión dun artista escenográfico, presentando as partes críticas dunha análise do real, o aprendido e os obxectos, formas e realidades da experiencia retratadas nun amplo conxunto de obras instaladas no espazo do CGAC, pensadas para a interrogación.

only in german

Tono Carbajo
ESCENAS, CADRADOS NEGROS E OUTROS ENLACES
Kurator: Jose Manuel Lens